martes. 19.05.2026

Evento

AXENDA | Kid Mount trae Neoamor a Arca da Noe

13/6/25 a 13/6/25
22:30 a 23:55
A Arca da Noe, Vilar de Santos
Kid Mount en concerto na Arca da Noe.
Kid Mount en concerto na Arca da Noe.

Este venres 13 de xuño, ás 22:30 h, a Arca da Noe acolle a actuación de Kid Mount, o artista limiao que está a revolucionar a escena musical galega.

Presentará en directo o seu novo traballo, Neoamor, un disco cheo de emocións, ritmo e sonoridades únicas. Un concerto íntimo e poderoso que promete non deixar a ninguén indiferente.