Evento
AXENDA | O Museo da Limia acolle a presentación de dous novos libros de luxo de Paco López-Barxas
O Museo da Limia será o escenario da presentación de dúas novas publicacións de luxo editadas por Teófilo Edicións: Casteao. Entre Nós, 75 anos despois e Os soños de Daniel, obras do autor Paco López-Barxas que contan coa colaboración da ilustradora Isabel Pintado.
O acto terá lugar o xoves 30 de outubro de 2025, ás 19:00 horas, nas instalacións do Museo da Limia, situado na rúa de Celanova 63, en Vilar de Santos. Ademais do autor, tamén intervirá o investigador e divulgador cultural Felipe Senén, quen acompañará a presentación destas dúas obras nas que se combina a memoria, a identidade e a creatividade gráfica.
A proposta supón unha oportunidade para achegarse á figura de Castelao e ao universo narrativo de Daniel, a través dun coidado traballo editorial que destaca pola súa estética, calidade e valor cultural.
