Evento
AXENDA | O PAI de Vilar de Santos ofrece encontros informativos durante cinco días de abril
A Escola Infantil (PAI) de Vilar de Santos organiza unha xornada de portas abertas dirixida a familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos, co obxectivo de dar a coñecer o proxecto educativo, as instalacións e o funcionamento diario do centro.
As visitas desenvolveranse do 13 ao 17 de abril, en horario de 9:00 a 15:00 horas, e permitirán que as familias coñezan de maneira directa os espazos e o traballo realizado polo equipo educativo. Ademais, establécese a posibilidade de asistir o sábado 18 de abril, previa solicitude de cita.
Durante estas xornadas, o persoal do centro ofrecerá información sobre metodoloxía, organización interna, actividades adaptadas ás idades temperás e recursos dispoñibles para o desenvolvemento das crianzas. As familias terán tamén a oportunidade de formular preguntas e resolver calquera dúbida relacionada coa escolarización.
A obtención de información adicional ou a petición de cita previa realizarase unicamente a través de WhatsApp, no número 988 447 109, ou mediante o correo electrónico escolainfantil@vilardesantos.com.
