Evento
AXENDA | Vilar de Santos celebra a IV Romaría do San Xoán na Aldea de Saa con música e animación
27/6/26
Aldea de Saa, Vilar de Santos.
3 de junio de 2026, 13:59
O Concello de Vilar de Santos organiza a IV Romaría do San Xoán, que terá lugar o sábado 27 de xuño na Aldea de Saa. O evento contará con música, animación para os máis cativos e festa para todos os asistentes.
As entradas están á venda no Centro Social de Vilar de Santos ata o 23 de xuño. O prezo xeral é de 20 euros, mentres que os nenos e nenas de 7 a 12 anos aboarán 10 euros e os de 0 a 6 anos entrarán de balde. Os organizadores advirten de que o aforo é limitado, polo que recomiendan adquirir as entradas con antelación.
O programa completo da xornada será anunciado proximamente polos organizadores.
