Evento
IMOS DE ENTROIDO | O espírito do Entroido desfila por Vilar de Santos
Vilar de Santos xa quenta motores para vivir unha das citas máis agardadas do calendario festivo. O municipio celebrará o seu Desfile de Entroido 2026 o xoves 12 de febreiro ás 12.00 horas, unha xornada chea de cor, música e tradición que encherá as rúas de ambiente carnavalesco.
O percorrido arrancará dende o Centro de Saúde ata o Concello, reunindo a veciñanza e ás distintas entidades participantes nun desfile pensado para compartir festa e convivencia entre xeracións. As máscaras, disfraces e a animación serán os grandes protagonistas dunha mañá marcada polo espírito do Entroido.
Na celebración participarán o CEIP Carlos Cid Arregui, o Centro de Día e o PAI de Vilar de Santos, que contribuirán a dinamizar a actividade con propostas creativas e moita ilusión. O Concello anima á cidadanía a saír á rúa e sumarse a esta festa colectiva.
