lunes. 11.05.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Os Bolechas chegan a Xinzo

22/12/25
19:00
Auditorio Ángel Cocho
IMG_8893

O Auditorio Ángel Cocho de Xinzo acollerá este Nadal un espectáculo pensado para os máis pequenos. “Os Bolechas”subiranse ao escenario o luns 22 de decembro, ás 19.00 horas, para ofrecer unha función chea de diversión, risas e música.

A actuación permitirá que os cativos gocen das aventuras destes personaxes tan queridos, nunha proposta familiar que tamén fará as delicias dos maiores. Forma parte da programación cultural de Nadal, que busca ofrecer actividades variadas e de calidade para toda a comunidade.