Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | O "Cuarto Rei Mago" chega a Xinzo de Limia
27/12/25
17:00
Auditorio Ángel Cocho
26 de diciembre de 2025, 9:57
Este sábado, 27 de decembro, ás 17:00 horas, o Auditorio Ángel Cocho acollerá o contacontos “O Cuarto Rei Mago”, unha actividade especialmente pensada para os máis pequenos.
A historia transportará aos nenos e nenas ao máxico mundo dos reis magos, cun relato cheo de ilusión e valores, fomentando a creatividade e a imaxinación.
A sesión é aberta ao público e unha oportunidade perfecta para gozar dunha tarde cultural en familia antes das festas de Nadal.
