Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Ritmo e ilusión na Gala de Nadal da Academia de Baile Danzón
20/12/25
17:00
Casa da Cultura
18 de diciembre de 2025, 10:23
A programación de Nadal en Xinzo inclúe este sábado, 20 de decembro, unha cita moi especial coa danza. A Academia de Baile Danzón celebrará a súa Gala de Nadal ás 17.00 horas na Casa da Cultura de Xinzo.
O evento reunirá sobre o escenario ao alumnado da academia, que ofrecerá distintas coreografías preparadas para a ocasión, nun espectáculo cheo de ritmo, ilusión e espírito festivo. A gala supón tamén unha oportunidade para poñer en valor o traballo realizado durante o ano e o talento das bailarinas e bailaríns da escola.
Esta actuación forma parte da programación cultural de Nadal, que aposta por dar protagonismo ás entidades locais e por ofrecer propostas variadas para todos os públicos.
