Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Celebrando o día de Nadal con “Elfos en prácticas”
25/12/25
19:00
Auditorio Ángel Cocho
22 de diciembre de 2025, 21:34
O Auditorio Ángel Cocho acollerá este xoves 25 de decembro a representación da obra de teatro “Elfos en prácticas”, unha proposta pensada para o público familiar que combina humor, fantasía e aprendizaxe.
A función dará comezo ás 19.00 horas e promete facer gozar tanto a nenos como a adultos, cunha historia chea de maxia protagonizada por elfos que se atopan en pleno proceso de aprendizaxe.
