lunes. 11.05.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Xinzo celebra o deporte municipal cunha gran gala

29/12/25
20:00
Pavillón Municipal

Este luns, 29 de decembro, ás 20:00 horas, o Pavillón Municipal de Xinzo acollerá a Gala do Deporte, un acto no que se entregarán os premios e recoñecementos aos mellores atletas da comarca.

A xornada será unha oportunidade para recoñecer o esforzo, a dedicación e os logros de todos aqueles que destacan no ámbito deportivo da comarca. A entrada é libre, polo que todas as persoas interesadas están convidadas a asistir e compartir unha noite de celebración e orgullo local.