lunes. 11.05.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Vive a ilusión e emoción co musical: "La magia de los cuentos"

29/12/25
18:00
Auditorio Ángel Cocho

O vindeiro 29 de decembro, ás 18:00 horas, o Auditorio Ángel Cocho acollerá o musical “La Magia de los Cuentos”, un espectáculo pensado para toda a familia.

Durante a función, os asistentes poderán gozar dunha selección de contos clásicos e modernas historias interpretadas con música, danza e unha posta en escena máxica que transportará ao público ao mundo da fantasía.

A actividade promete ser unha tarde entretida e chea de ilusión para nenos e maiores, unha cita perfecta para rematar o mes de decembro en boa compañía.