lunes. 11.05.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Chega o Nadal aos pobos de Xinzo

20/12/25 a 23/12/25
Pobos de Xinzo

A programación de Nadal esténdese tamén polos pobos de Xinzo de Limia cunha proposta pensada para levar a festa a todos os recunchos do Concello. O Nadal nos Pobos leva a todos os lugares teatro, música e agasallos para felicitar estas datas tan especiais.

A actividade percorrerá distintas localidades ao longo de varias xornadas, convertendo espazos comúns en puntos de encontro para pequenos e maiores, nun ambiente próximo, participativo e moi familiar.

Calendario de actuacións

Sábado 20

  • 12.00 h: Baronzás
  • 16.00 h: Morgade
  • 17.45 h: San Pedro
  • 18.15 h: Laroá

Luns 22

  • 12.00 h: Rebordecha
  • 13.00 h: Boado
  • 17.15 h: Mosteiro
  • 18.15 h: Ganade

Martes 23

  • 16.00 h: Gudín
  • 17.15 h: Parada de Ribeira
  • Piñeira Seca