Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Un obradoiro de figuriñas de Nadal para dar renda solta á imaxinación
20/12/25
12:00
Casa da Cultura
18 de diciembre de 2025, 10:17
As actividades de Nadal en Xinzo continúan cunha proposta creativa pensada para desfrutar en familia. A Casa da Cultura acollerá un obradoiro de figuriñas de Nadal, unha actividade ideal para dar renda solta á imaxinación e crear decoracións propias destas datas tan especiais.
O obradoiro celebrarase ás 12.00 horas na Casa da Cultura, nun ambiente lúdico e participativo no que pequenos e maiores poderán elaborar as súas propias figuriñas inspiradas no Nadal.
