lunes. 11.05.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Un obradoiro para preparar a túa carta aos Reis Magos

2/1/26
12:00
Casa da Cultura

O venres, 2 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, a Casa da Cultura de Xinzo acollerá un novo obradoiro de cartas aos Reis Magos, unha actividade pensada especialmente para os máis pequenos.

Durante o obradoiro, os nenos e nenas poderán escribir e decorar as súas cartas, preparando con ilusión a chegada de Melchor, Gaspar e Baltasar.