Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Unha noite de pop español coa música de La Oreja de Van Gogh
23/12/25
21:00
Casa da Cultura
18 de diciembre de 2025, 10:40
A música en vivo continúa no Nadal de Xinzo cun concerto especial para os amantes do pop español. O martes 23 de decembro, ás 21:00 horas, a Casa da Cultura acollerá un tributo a La Oreja de Van Gogh, unha oportunidade única para revivir os grandes éxitos do grupo.
O espectáculo promete recrear a esencia e emoción das cancións máis coñecidas, nunha noite pensada para todos os públicos que queiran gozar da boa música nun ambiente próximo e festivo.
