Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Papá Noel recibirá a todos os nenos e nenas de Xinzo
24/12/25
17:00
Praza Maior
22 de diciembre de 2025, 8:47
A maxia do Nadal volverá encher a Praza Maior este mércores 24 de decembro, coa esperada recepción de Papá Noel, que terá lugar ás 17:00 horas.
O gran protagonista do Nadal chegará para saudar aos máis pequenos e pequenas, recoller as súas cartas e compartir un momento cheo de ilusión, sorrisos e espírito festivo. A actividade está pensada para o desfrute de toda a familia e promete converter a tarde nun recordo inesquecible para nenos e maiores.
