martes. 19.05.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | A Escola Municipal de Gaitas e Percusión celebra o Nadal cun concerto na Casa da Cultura

19/12/25
20:00
Casa da Cultura de Xinzo

Este venres, 19 de decembro, a Escola Municipal de Gaitas e Percusión deleitaranos co seu Festival de Nadal que se celebrará ás 20.00 horas na Casa da Cultura.

Unha actuación pensada para todos os públicos, na que a tradición musical galega será a gran protagonista. Gaitas, percusión e ritmos populares encherán o auditorio nun ambiente festivo e moi vencellado ás datas do Nadal.

Este concerto supón tamén unha oportunidade para poñer en valor o labor formativo da escola municipal e o compromiso coa conservación e transmisión da nosa música tradicional entre as novas xeracións.