lunes. 11.05.2026

Evento

ACTIVIDADES DE NADAL | Rebeca Rods e o seu coro prometen unha noite máxica de gospel en Xinzo

21/12/25
20:00
Igrexa Nova Santa Mariña

O domingo 21 de decembro, a Igrexa Nova Santa Mariña de Xinzo acollerá un concerto especial que promete encher de música e espírito festivo a vila. Ás 20.00 horasRebeca Rods xunto co Black Light Gospel Choir ofrecerán unha actuación cargada de emoción, ritmo e harmonías contaxiosas.

 

Este concerto de estilo gospel permitirá ao público vivir unha experiencia única, na que a forza da voz e a beleza das interpretacións se mesturan coa maxia do Nadal. A proposta enmárcase dentro das actividades culturais destas datas, que buscan achegar á veciñanza momentos de cultura e convivencia.

 

Nos días previos a este concerto, a propia Rebeca Rods acaba de lanzar o seu novo single “Worthy Is the Lamb”, extraído do próximo traballo Gospel Symphony II, que se publica xusto nesta época festiva e xa está dispoñible nas plataformas dixitais. A peza combina a intensidade característica do góspel coa profundidade dunha orquestración ampla, grazas á participación da Budapest Scoring Orchestra, e reflicte temas de rendición, agradecemento e espiritualidade que conectan co espírito tanto da música góspel como da propia tempada navideña. O lanzamento inclúe tamén unha produción en formatos inmersivos e acompáñase da preparación dun videoclip pensado como un agasallo musical de Nadal.

Rebeca Rods presenta o seu novo single: Worthy is lamb.
Rebeca Rods presenta o seu novo single: Worthy is lamb.