Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Música tradicional con forza co concerto "Sen máis" da Banda de Gaitas e Percusión
4/1/26
18:00
Auditorio Ángel Cocho
29 de diciembre de 2025, 9:39
O vindeiro domingo 4 de xaneiro, ás 18:00 horas, o Auditorio Ángel Cocho acollerá o concerto “Sen máis”, a cargo da Banda de Gaitas e Percusión e que contará coa colaboración do Coro Aimil.
O público poderá gozar dun espectáculo no que a música tradicional galega será a gran protagonista, cun repertorio cheo de forza e ritmo que combina gaitas e percusión nunha posta en escena vibrante.
O concerto preséntase como unha excelente oportunidade para desfrutar da nosa música tradicional nun espazo cultural de referencia.
