Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Xinzo acollerá a terceira edición da Xaba-Race para fomentar o deporte infantil
O Pavillón de Deportes de Xinzo acollerá o vindeiro venres 26 de decembro a terceira edición da Xaba-Race, unha proba de obstáculos indoor non competitiva destinada aos máis pequenos. A actividade, organizada pola Concellería de Deportes xunto cos clubs locais, busca promover a actividade física e o ocio saudable durante as vacacións de Nadal.
A Xaba-Race dará comezo ás 16:15 horas e celebrarase en tres quendas por idade: "Cativos" (ata 4 anos, acompañados por un adulto), "Exploradores" (5 a 7 anos) e "Xabaríns" (8 a 12 anos). O evento está pensado para ofrecer diversión e movemento sen ningún carácter competitivo.
As inscricións son gratuítas e poderán realizarse ata o 24 de decembro a través do formulario habilitado pola organización en https://forms.gle/zaFR3KuArEacsSdbA.
