Evento
ACTIVIDADES DE NADAL | Emilio Rúa e Carlos Caneiro levan a súa música á Igrexa Vella de Xinzo
18/12/25
20:00
Igrexa Vella
18 de diciembre de 2025, 9:46
A programación cultural de Nadal en Xinzo continúa este xoves, 18 de decembro, cun concerto moi especial protagonizado por Emilio Rúa e Carlos Caneiro. A cita será ás 20.00 horas na Igrexa Vella, un espazo cargado de simbolismo que ofrecerá o marco perfecto para unha proposta musical íntima e próxima.
Ambos os dous artistas compartirán escenario nun formato pensado para a escoita atenta, no que a palabra e a melodía cobran un protagonismo especial. A acústica do templo e a proximidade co público converterán o concerto nunha experiencia singular para quen se achegue a desfrutalo.
