Evento
AXENDA | 48 anos despois, o Antela FC xógase o soño da Terceira Federación
14/6/26
17:45
Estadio A Moreira, Xinzo de Limia.
11 de junio de 2026, 12:07
O Antela FC disputa este domingo 14 de xuño a ida da gran final do play off de ascenso a Terceira Federación da tempada 2025-2026. O rival será o San Tirso S.D., que superou ao Atios na semifinal. O partido xogarase no Estadio A Moreira de Xinzo de Limia a partir das 17:45 horas.
O club limiao chega a esta final histórica 48 anos despois de militar na categoría, co respaldo do Concello de Xinzo de Limia, a Deputación de Ourense e un amplo elenco de patrocinadores locais. A entrada terá un prezo de 10 euros para o público xeral e 5 euros para os socios do club.
A xornada promete ser de festa: sorteos de rifas con xamón, queixo, viño, patacas, mel e aceite, e a esperanza de superar as 677 persoas que encheron A Moreira no último encontro.
