lunes. 11.05.2026

Evento

AXENDA | Xinzo acolle a primeira concentración Baby-Basket da tempada 25/26

6/12/25
10:15
Pavillón Municipal de Xinzo de Limia
Foto familiar da anterior concentracion Baby-Basket en Xinzo de Limia | FOTO: Noelia Caseiro.
Foto familiar da anterior concentracion Baby-Basket en Xinzo de Limia | FOTO: Noelia Caseiro.

O Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia será o epicentro do minibasket este sábado 6 de decembro ás 10:15 horas coa celebración da 1ª Concentración Baby-Basket da tempada 25/26. A xornada reunirá a nenos e nenas de diferentes clubs da provincia nun ambiente marcado pola ilusión, o deporte en equipo e a aprendizaxe.

 

Participarán equipos do C.B. Val de Lemos, E.D.O. Blanco Amor, Carmelitas Vedruna, A.B. Xinzo, C.B. Allariz, Bball Ourense, BxL Celanova, Depordima e C.D. Miraflores, que desfrutarán dunha mañá chea de baloncesto formativo, xogos e convivencia.

Primeira concentración Baby-Basket da tempada en Xinzo de Limia.
Primeira concentración Baby-Basket da tempada en Xinzo de Limia.

 

A Concentración está organizada polo A.B. Xinzo, en colaboración coa Concellería de Deportes de Xinzo de Limia e coa Federación Galega de Baloncesto (FGB), co obxectivo de fomentar os valores do deporte desde idades temperás e impulsar o baloncesto base no municipio.

 

A actividade promete unha xornada divertida, dinámica e pensada para o goce dos máis pequenos, que darán os seus primeiros pasos neste deporte nun ambiente seguro e festivo.