lunes. 11.05.2026

Evento

AXENDA | Víctor F. Freixanes recibe en Xinzo o Premio Carlos Casares

23/1/26
20:30
Igrexa Vella de Santa Mariña
Premios de Xornalismo na pasada edición en Xinzo de Limia.
Premios de Xornalismo na pasada edición en Xinzo de Limia.

Concello de Xinzo de Limia organiza este venres, 23 de xaneiro, o acto de entrega dos Premios de Xornalismo Carlos Casares 2025, que nesta edición recaen no recoñecido escritor e xornalista Víctor F. Freixanes. O acto oficial terá lugar ás 20:30 horas, na Igrexa Vella de Santa Mariña.

 

Este galardón salienta o xornalismo literario como unha disciplina que afonda na realidade e transcende o ámbito estritamente literario, estendéndose a campos como a política, a pintura, o fútbol ou os costumes da xente. O xurado destacou en Freixanes a orixinalidade e eficacia narrativa, propias de textos nos que “falar dunha cousa leva a outras” e que buscan a complicidade do lector a través dunha reflexión discreta.

 

O fallo correspondeu a un xurado de cinco membrosCarlos Gómez Salgado, en representación do Concello de Xinzo, como presidente; Carlos Xavier Ares Pérez, da Fundación Carlos Casares; a escritora Stella Estrada; e Pilar Cernuda, gañadora da anterior edición. Actuou como secretario, con voz pero sen voto, Gustavo A. Garrido García, da Fundación Carlos Casares. O Concello de Xinzo convida á veciñanza a participar nun acto que pon en valor a vixencia dun xornalismo de calidade e o compromiso coa cultura galega.

Premios Xornalismo en Xinzo de Limia.
Premios Xornalismo en Xinzo de Limia.