martes. 19.05.2026

Evento

AXENDA | A cerámica protagoniza as XIII Xornadas formativas no IES Lagoa de Antela

17/10/25 a 19/10/25
IES Lagoa de Antela
Da terra ao lume.
Da terra ao lume.

O IES Lagoa de Antela acollerá os días 17, 18 e 19 de outubro as XIII Xornadas de formación “Da terra ao lume”, unha actividade organizada por AGEDA e dirixida principalmente a profesorado das materias adscritas aos departamentos de Debuxo.

 

O obxectivo deste encontro monográfico é facilitar coñecementos prácticos sobre diferentes técnicas e procesos cerámicos de interese para a materia de Educación Plástica e Visual.

 

A programación comezará o venres pola tarde cun obradoiro de esmaltes e unha cocción en forno de baixa temperatura (980º), que será aberto o domingo pola mañá para ver os resultados. O sábado terá lugar unha xornada práctica con dous obradoiros simultáneos: un de oleiría tradicional con Agustín Vázquez (Niñodaguia) e outro de Nerikomi con Antía Caldeiro (Maceda). As persoas participantes dividiranse en quendas de mañá e tarde para poder asistir aos dous.

Da terra ao lume.
Da terra ao lume.

Os materiais correrán a cargo da organización e as persoas asistentes poderán levar as súas pezas esmaltadas. Como peche das xornadas, o domingo pola tarde está programada unha visita ao obradoiro de alfarería tradicional Agustín e José Vázquez e ao Museo Taller Alfarería de Niñodaguia.

A formación será eminentemente práctica, ofrecendo recursos didácticos útiles que tamén poden aplicarse noutros ámbitos docentes.