sábado. 27.06.2026

Evento

AXENDA | O comercio local toma forza no Black Limia con dous días de ofertas e diversión

22/11/25 a 23/11/25
17:00 a 20:00
Casino Antelano, Xinzo de Limia
Black Limia no Casino Antelano.
Black Limia no Casino Antelano.

A asociación de comerciantes Prolimia, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, celebra esta fin de semana unha nova edición do Black Limia, unha cita que reunirá nun mesmo espazo negocios de deporte, moda, calzado, moda infantil e agasallos para facilitar as compras da veciñanza e poñer en valor o comercio de proximidade.

 

O evento terá lugar no Casino Antelano o sábado 22, en horario de 17:00 a 21:00 horas, e o domingo 23, de 11:00 a 20:00 horas. Durante as dúas xornadas, o público asistente poderá aproveitar descontos, participar en sorteos e gozar de pinchos e outras sorpresas pensadas para dinamizar a experiencia.

 

A programación incluirá, ademais, propostas para toda a familia. O sábado haberá animación infantil con tatuaxes e elaboración de chapas, mentres que o domingo será a quenda dunha sesión vermú con música en directo.

 

Desde Prolimia destacan que esta iniciativa "adiántase ás campañas das grandes cadeas" e responde ao que a clientela demanda, ao tempo que reforza o apoio ao tecido comercial local. Pola súa parte, o Concello salienta que actividades como o Black Limia contribúen a dinamizar o centro de Xinzo, atraer máis público e favorecer as vendas do comercio da vila.

 

A entrada será libre durante toda a fin de semana e está pensada para que participe toda a familia.

 

Black Limia no Casino Antelano.
Black Limia no Casino Antelano.