miércoles. 24.06.2026

Evento

AXENDA | Cultura que suma: un encontro para unir forzas en Xinzo

18/10/25
13:00
Casa da Cultura, Xinzo de Limia
"A cultura é economia social e solidaria"
"A cultura é economia social e solidaria"

O vindeiro sábado 18 celebrarase en Xinzo un encontro aberto a todas as persoas que traballan ou se moven no ámbito da cultura. O obxectivo é reflexionar colectivamente sobre como se relacionan, e como se poden apoiar mutuamente, os principios e valores da Economía Social e Solidaria e as iniciativas culturais de base social.

Diversos proxectos e entidades xa confirmaron a súa participación, entre eles o CDR O Viso, a Asociación Cultural O Sobradelo do Tangaraño e a Asociación de Mulleres Rurais A LOMBA. A xuntanza busca crear un espazo de intercambio no que compartir estratexias e ferramentas comúns para facer fronte aos retos actuais do sector cultural.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte formulario: https://forms.gle/ZH3d2ZgyGsAS84oc6.

 

"A cultura é economia social e solidaria"
"A cultura é economia social e solidaria"