miércoles. 20.05.2026

Evento

AXENDA | Aprende a usar ferramentas dixitais na Casa da Cultura

17/12/25 a 19/12/25
10:00 a 14:00
Casa da Cultura
Curso Ferramentas Dixitais.
Curso Ferramentas Dixitais.

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá a vindeira semana unha nova acción formativa centrada na capacitación tecnolóxica. Baixo o título "Uso de Ferramentas Dixitais", o Sindicato Labrego Galego (SLG) e COAG organizan un curso práctico deseñado para mellorar as competencias dixitais da veciñanza.

A iniciativa, que conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e Formación Agroalimentaria, é totalmente gratuíta para os participantes. O obradoiro está aberto a un perfil moi amplo, podendo inscribirse tanto persoas traballadoras e autónomas como aquelas que se atopen en situación de desemprego.

Datas e horarios 

As sesións impartiranse durante tres xornadas consecutivas: os días 17, 18 e 19 de decembro. O horario será de mañá, concretamente de 10:00 a 14:00 horas, nas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo.

Inscricións abertas 

As persoas interesadas en participar nesta formación deben formalizar a súa inscrición o antes posible. A organización habilitou dúas canles de contacto directo para reservar praza ou solicitar máis información:

  • Teléfono: 988 46 25 47

  • Correo electrónico: xinzo@sindicatolabrego.gal