Evento
AXENDA | A Igrexa Vella de Santa Mariña será o escenario do concerto “Emocións Sonoras”
10/8/25
20:30
Igrexa Vella de Santa Mariña, Xinzo de Limia
7 de agosto de 2025, 15:59
Xinzo de Limia pecha a edición 2025 do ciclo "Emocións Sonoras. Música e patrimonio á luz das candeas" este domingo 10 de agosto cun concerto da Xove Orquestra Ourensanía.
A actuación terá lugar ás 20:30 h na Igrexa Vella de Santa Mariña, un espazo emblemático que se iluminará con candeas para crear unha atmosfera íntima e especial.
A entrada é libre ata completar aforo. O Concello anima á cidadanía a participar desta proposta cultural única.
