martes. 19.05.2026

Evento

AXENDA | Xinzo acollerá a xornada “Facendo Rego – Abriendo Surcos” sobre o papel da muller rural

15/5/25 a 15/5/25
9:30 a 14:00
Casa da cultura, Xinzo de Limia
Xornada Abrindo Surcos, "Facendo Rego".
Xornada Abrindo Surcos, "Facendo Rego".

Este xoves 15 de maio, o Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia será o escenario da xornada “Facendo Rego – Abriendo Surcos”, unha iniciativa organizada por AFAMMER Nacional (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural), coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia e a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, e subvencionada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

 

A partir das 9:30 h, abordarase o papel fundamental das mulleres rurais no desenvolvemento sostible dos seus pobos, promovendo o emprendemento, o relevo xeracional feminino e a igualdade real no medio rural.

 

O programa incluirá ponencias sobre titularidade compartida, axudas e subvencións, así como a charla “Dieta atlántica e lonxevidade, un legado da muller”. A xornada culminará cunha mesa redonda de experiencias no sector agro-gandeiro, con intervencións de mulleres emprendedoras do territorio.

 

O acto será inaugurado por Carmen Quintanilla Barba, presidenta nacional de AFAMMER e referente na defensa dos dereitos das mulleres no medio rural tanto a nivel estatal como internacional.

 

Xornada Abrindo Surcos, "Facendo Rego".
Xornada Abriendo Surcos, "Facendo Rego".