lunes. 11.05.2026

Evento

AXENDA | A maxia do Nadal chega ao Conservatorio de Xinzo con tres concertos especiais

16/12/25 a 18/12/25
20:00
Auditorio Ángel Cocho de Xinzo de Limia
Festival de Nadal do Conservatorio de Xinzo no 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.
Festival de Nadal do Conservatorio de Xinzo no 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Conservatorio de Xinzo de Limia prepara a súa programación musical de Nadal cun ciclo de concertos que se celebrará do martes 16 ao xoves 18 de decembro no auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura.

O martes 16, ás 20:00 horas, terá lugar o concerto do Grao Elemental, mentres que o mércores 17 será a quenda do Grao Profesional, tamén ás 20:00 horas. O ciclo rematará o xoves 18 cun concerto de clausura, que dará comezo ás 18:00 horas.

A entrada a todos os concertos é libre ata completar o aforo, ofrecendo á veciñanza a oportunidade de gozar dunha mostra do talento musical do alumnado do conservatorio nestas datas festivas.