Evento
AXENDA | O futbolín estréase nas Festas de Santa Mariña co seu primeiro torneo oficial
19/7/25
a
19/7/25
12:00
Praza de Oriente, Xinzo de Limia
10 de julio de 2025, 15:05
As Festas de Santa Mariña 2025 incorporan unha nova proposta para todas as persoas amantes do futbolín: o I Torneo de Futbolín, que se celebrará o sábado 19 de xullo, a partir das 12:00 horas, na Praza de Oriente.
O torneo dividirase en dúas categorías: Pro e Máster, con premios en metálico e medallas para as persoas clasificadas nas primeiras posicións. A inscrición está aberta e ten un custo de 30 € na categoría Pro e 20 € na categoría Máster.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información nos seguintes teléfonos:
-
Adri: 663 436 922
-
Cultura Xinzo: 604 016 273
-
Alberto: 662 214 641
