Evento
AXENDA | O kickboxing toma a Praza Carlos Casares con dez combates e exhibición infantil
19/7/25
a
19/7/25
19:30
Praza Carlos Casares, Xinzo de Limia
17 de julio de 2025, 16:22
A Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia acollerá o sábado 19 de xullo, a partir das 19:30 horas, o “Trofeo Cidade de Antioquía” de kickboxing, un evento deportivo que reunirá a algúns dos nomes destacados desta disciplina.
O público poderá gozar de dez combates de alto nivel e dunha exhibición de kickboxing infantil, nun espectáculo aberto e con acceso gratuíto. Participarán deportistas como Alfredo Pérez, Ariana Alonso, Othman Boukich, Miguel Crespo, Rafael Mónica ou Anthony Ríos, entre outros.
O evento conta co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego, a Federación Galega de Kickboxing e o Concello de Xinzo de Limia. A iniciativa busca achegar este deporte de contacto ao público xeral e promover hábitos saudables entre a mocidade.
