martes. 19.05.2026

Evento

AXENDA | A Asociación A Pantalla convida ao seu Magosto con castañas e festa na Praza dos Ovos

14/11/25
19:00
Praza dos Ovos, Xinzo de Limia
A Asociación A Pantalla celebra o seu tradiconal Magosto na praza dos Ovos.
A Asociación A Pantalla celebra o seu tradiconal Magosto na praza dos Ovos.

A Asociación Cultural A Pantalla celebra este xoves 14 de novembro unha nova edición do Magosto na Praza dos Ovos, en Xinzo de Limia. O evento dará comezo ás 19:00 horas e contará coa actuación musical do grupo Pataghullos, que animará unha das tradicións máis arraigadas do outono galego.

 

As persoas asistentes poderán gozar de porco ó espeto, empanada, bica, castañas e viño, nunha xornada pensada para toda a veciñanza. A entrada será de balde para socios da entidade, mentres que o prezo será de 5 euros para adultos non socios e 2 euros para nenos. Os tickets xa poden adquirirse na Óptica Lethes ou na LCH Xinzo.

 

A Pantalla convida a toda a cidadanía a participar nun encontro festivo que combina cultura, gastronomía e tradición, mantendo vivo o espírito do Magosto nas rúas de Xinzo.

A Asociación A Pantalla celebra o seu tradiconal Magosto na praza dos Ovos.
A Asociación A Pantalla celebra o seu tradiconal Magosto na praza dos Ovos.