sábado. 04.07.2026

Evento

AXENDA | Música e contos na Praza Maior de Xinzo este sábado

4/7/26
20:00
Praza Maior, Xinzo de Limia.
Cartel da actividade Contacanta Contos, que se celebrará na Praza Maior de Xinzo de Limia.
Cartel da actividade Contacanta Contos, que se celebrará na Praza Maior de Xinzo de Limia.

Praza Maior de Xinzo de Limia acollerá o vindeiro sábado 4 de xullo, a partir das 20:00 horas, a actividade Contacanta Contos, dentro da programación cultural Cultura no Camiño.

A proposta, dirixida ao público familiar, combina música e narración de contos nun formato pensado para todas as idades. A actividade organízaa a Axencia Galega das Industrias Culturais, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Xinzo de Limia, e enmárcase no Xacobeo 2027.