Evento
AXENDA | A música da Limia soa na antesala do Certame Galego
11/10/25
16:30
Praza da Música, Xinzo de Limia
8 de octubre de 2025, 10:42
A Agrupación Musical da Limia, xunto coas súas formacións infantis Chikiband e Chikiband 2.0, protagonizarán este sábado, 11 de outubro, o "Concerto Pre-Certame" na Praza da Música de Xinzo de Limia. A cita comezará ás 16:30 horas e servirá como antesala da súa participación no XVIII Certame Galego de Bandas de Música Populares, que se celebrará os días 18 e 19 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Este concerto permitirá ao público da Limia desfrutar dunha mostra do repertorio que as bandas locais levarán ao escenario galego, amosando o talento musical da vila e apoiando aos músicos antes da súa actuación no importante encontro autonómico.
