Evento
AXENDA | Música, literatura e homenaxes no Día de Galicia en Xinzo
O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Cultura, organiza unha programación especial con motivo do Día de Galicia, que se desenvolverá entre os días 24 e 26 de xullo e que terá como figura central a Xosé Velo, coincidindo co 65º aniversario da toma do Santa María/Santa Liberdade.
A programación comezará coa presentación da novela Os fabuladores, de José Ignacio Carnero, seguida dun recital musical de Moisés Quintas, baseado en poemas de Xosé Velo, e da estrea da curtametraxe Expediente Xosé Velo.
O Día de Galicia incluirá tamén o acto institucional con ofrenda floral no Parque Galicia, mentres que a programación concluirá cun concerto do grupo A Roda no barrio do Polígono.
Con estas actividades, o Concello busca conmemorar o 25 de xullo a través da cultura, a memoria histórica e a música, cun programa aberto á participación da veciñanza.
