Evento
AXENDA | O Partido Popular de Xinzo celebra un magosto aberto á veciñanza no Campo da Feira
21/11/25
19:00
Campo da Feira, O Toural
19 de noviembre de 2025, 9:39
O Partido Popular de Xinzo de Limia organiza un magosto para a veciñanza este venres ás 19:00 horas no Campo da Feira “O Toural”. A cita incluirá churrasco, chourizos, castañas, postre e bebida, ademais dunha actuación de gaita que amenizará a xornada.
O encontro contará coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, e da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, que acompañarán á militancia e ás persoas asistentes nunha celebración que busca promover a convivencia e o contacto directo cos veciños.
As entradas poden recollerse na sede local do partido entre o martes e o xoves, en horario de 18.00 a 20.00 horas.
