miércoles. 20.05.2026

Evento

AXENDA | A pataca compite en sabor na primeira Cata–Concurso de ALIMAGRO 2025

5/9/25
19:00
Stand-Carpa do recinto feiral
I Cata-Concurso de pobos produtores de pataca.
I Cata-Concurso de pobos produtores de pataca.

No marco da sexta edición de ALIMAGRO, o venres 5 de setembro ás 19:00 horas, no stand–carpa do recinto feiral de Xinzo de Limia, celebrarase a I Cata–Concurso de Pataca, organizada por Pobos Produtores de Pataca.

Trátase dunha actividade inédita que busca poñer en valor a calidade e a diversidade deste produto emblemático da comarca. Durante a cata, o público participante poderá degustar oito variedades diferentes de pataca, procedentes de seis pobos produtores, e valorar as súas características para elixir as mellor consideradas.

A inscrición para participar como persoa catadora é obrigatoria e debe realizarse a través da web pueblosproductoresdepatata.es. As prazas son limitadas.

Esta iniciativa enmárcase na programación de ALIMAGRO 2025, converténdose nun dos pratos fortes do evento e nunha oportunidade única para descubrir a riqueza gastronómica da Limia.