Evento
AXENDA | Perú e República Dominicana protagonizan "Sabor & Tradición" en Xinzo
11/7/26
19:30
Praza da Música, Xinzo de Limia.
10 de julio de 2026, 12:31
A Praza da Música de Xinzo de Limia será o escenario este sábado, 11 de xullo, da xornada intercultural "Sabor & Tradición", organizada de xeito conxunto pola Asociación de Inmigrantes Caminando Juntos e o Concello de Xinzo de Limia, co obxectivo de estreitar lazos e amosar a riqueza cultural das diferentes comunidades que conviven na vila.
O evento dará comezo ás 19:30 horas e contará nesta edición con Perú e a República Dominicana como países convidados. Os asistentes poderán gozar de degustacións de pratos típicos de ambas as gastronomías, ademais dun programa que inclúe actuacións musicais e recitais de poesía. A entrada será libre ata completar o aforo do espazo, situado na rúa Curros Enríquez, 17.
