lunes. 11.05.2026

Evento

AXENDA | Xinzo celebra Santa Icía cunha fin de semana de música polo 20º aniversario da Agrupación Musical da Limia

21/11/25 a 23/11/25
20:00
Xinzo de Limia
20º Aniversario da Agrupación Musical da Limia.
20º Aniversario da Agrupación Musical da Limia.

O Concello de Xinzo de Limia conmemora esta fin de semana Santa Icía, patroa da música, cun programa especial que coincide coa celebración do 20º aniversario da Agrupación Musical da Limia. Durante os días 21, 22 e 23 de novembro, diferentes formacións da comarca participarán nunha serie de actuacións que combinan o ámbito educativo, coral e bandístico.

 

A programación abrirase o venres co Festival Intercentros, no Auditorio Ángel Cocho, no que tomarán parte o CMUS Profesional de Xinzo, a Escola Municipal de Gaitas e Percusión e a Escola de Música da Limia. O sábado, a actividade trasladarase á Igrexa Nova, onde terá lugar unha misa cantada seguida dun concerto a cargo da Agrupación Musical da Limia e da Chikiband.

 

O ciclo pecharase o domingo na Igrexa Vella co Festival Coral, que reunirá ás formacións de Trasmiras, Aimil e Santa Mariña, completando así un cartel centrado na música local e na participación comunitaria. Ao longo das tres xornadas, Santa Icía converterá Xinzo nun punto de encontro para o público afeccionado á música e para o tecido cultural da comarca.

 

20º Aniversario da Agrupación Musical da Limia.
20º Aniversario da Agrupación Musical da Limia.