Evento
AXENDA | Marta Bravo e Sergio Tannus levan a “Alegría” á Praza Maior de Xinzo
11/7/25
a
11/7/25
20:30
Praza Maior, Xinzo de Limia
10 de julio de 2025, 16:49
O Concello de Xinzo de Limia continúa coa súa programación cultural de verán cun novo espectáculo pensado para todos os públicos. Este venres 11 de xullo, ás 20:30h, a Praza Maior acollerá a actuación de Marta Bravo e Sergio Tannus, que presentan "Alegría", unha proposta musical en directo chea de cor, humor e emocións.
A iniciativa está organizada co apoio da Xunta de Galicia e busca dinamizar os espazos públicos da vila cunha oferta cultural para gozar en familia.
