martes. 19.05.2026

Evento

AXENDA | Xaque ó Emérito volve a mover ficha en Xinzo

28/6/25 a 28/6/25
15:30 a 20:30
Casa da Cultura, Xinzo de Limia
Xaque ó Emerito III en Xinzo de Limia.
Xaque ó Emerito III en Xinzo de Limia.

O próximo sábado, 28 de xuño, ás 15:30 horas, a Casa da Cultura de Xinzo de Limia converterase no escenario da terceira edición do torneo "Xaque ó Emérito", unha iniciativa que combina deporte, igualdade e convivencia arredor do xadrez.

Aberto a persoas de todas as idades, contará cunha categoría infantil (a partir dos 6 anos) e outra para persoas adultas e establécense premios para as tres primeiras posicións en ambas categorías. O prazo para anotarse remata o 26 de xuño.

A organización do evento corre a cargo da asociación Algaria, en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Xinzo de Limia, a Asociación Cultural Nós Mesmas e unha ampla rede de entidades colaboradoras que apoian esta proposta.

Xaque ó Emerito III en Xinzo de Limia.
Xaque ó Emerito III en Xinzo de Limia.