Evento
AXENDA | Xinzo acolle a III Xornada Técnica da Pataca dentro de Alimagro
4/9/25
19:00
Casa da Cultura, Xinzo de Limia
1 de septiembre de 2025, 10:23
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia será o escenario da III Xornada Técnica da Pataca, que se celebra o mércores 4 de setembro ás 19:00 horas no marco da VI Feira do Agro da Limia, Alimagro.
O programa inclúe relatorios sobre a vulnerabilidade a nitratos, a resiliencia fronte ao mildiu e o control desta enfermidade, ademais dunha mesa de debate con expertos, produtores e representantes institucionais para analizar os retos e oportunidades do sector.
