lunes. 11.05.2026

Evento

AXENDA | Xinzo acollerá unha xornada para autónomos e pemes sobre innovación, axudas e Verifactu

17/11/25
13:30
Salón de Plenos, Xinzo de Limia
Empresas do Rural ante os novos desafíos.
Empresas do Rural ante os novos desafíos.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO), coa colaboración da Xunta de Galicia a través do IGAPE e de Prolimia, organiza un encontro práctico para autónomos e pequenas empresas da comarca o próximo luns, 17 de novembro, ás 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

A xornada forma parte da iniciativa Conecta Ourense Rural, centrada en apoiar ás empresas da provincia en materia de innovación, dixitalización e financiamento. Durante a sesión, as persoas asistentes recibirán información sobre as liñas de axuda dispoñibles do IGAPE e recursos da Oficina Económica de Galicia, presentada por Carla García Valcarce, Técnica Responsable das Oficinas Sur, e Mónica Pena Hevia, Técnica de Proxectos de Prolimia.

Ademais, celebrarase un obradoiro práctico sobre o novo Regulamento Verifactu, que entrará en vigor en 2026 e modificará as obrigas de facturación, impartido por Xesta Formacións. A xornada completará cun espazo de asesoramento individualizado e viño-networking, co fin de resolver dúbidas, identificar oportunidades de financiamento e fomentar sinerxías entre empresas da Limia.

A inscrición é gratuíta e pode facerse por correo en conectaourense@ceo.es ou nos teléfonos 625 464 262 / 988 321 150 / 988 391 110.

 

Empresas do Rural ante os novos desafíos.
Empresas do Rural ante os novos desafíos.