Evento
AXENDA | Xinzo celebra o seu Magosto Municipal cunha gran festa na Praza de Oriente
8/11/25
19:00
Praza de Oriente, Xinzo de Limia
4 de noviembre de 2025, 19:14
O Concello de Xinzo de Limia organiza este sábado, 8 de novembro, o Magosto Municipal, unha das citas máis tradicionais do outono na vila. A partir das 19:00 horas, a Praza de Oriente converterase nun punto de encontro para toda a veciñanza, que poderá gozar dun serán festivo con música e gastronomía típica da época.
Non faltarán as castañas asadas, o chourizo, o pan, o viño, a auga e a tradicional bica, nunha celebración pensada para todos os públicos. Desde a Concellería de Festas e Xuventude convidan a participar e manter viva esta festa tan enraizada na cultura galega, nun ambiente de convivencia e sabor do país.
