miércoles. 24.06.2026

Evento

AXENDA | Xinzo inaugura o venres a exposición "Love Velo" para conmemorar o aniversario da toma do Santa María

12/6/26
19:00
Xinzo de Limia.
Cartel do programa cultural "Love Velo", que arranca este venres coa inauguración dunha exposición na Casa da Cultura de Xinzo de Limia en homenaxe ao intelectual galego Xosé Velo.
Cartel do programa cultural "Love Velo", que arranca este venres coa inauguración dunha exposición na Casa da Cultura de Xinzo de Limia en homenaxe ao intelectual galego Xosé Velo.

Concello de Xinzo de Limia acolle este venres o inicio dun programa cultural conmemorativo do aniversario da histórica toma do transatlántico Santa María en 1961, unha acción vangardista de oposición antifascista liderada polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) e ideada polo intelectual galego Xosé Velo.

O programa arrancará coa inauguración oficial da exposición "Love Velo" o venres 12 de xuño ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia. A mostra, que combina fotografía e documentación, reivindica a dimensión humana, política e creativa desta figura clave da historia galega e poderá visitarse na Casa da Cultura de Xinzo ata o 25 de xullo.

A programación completarase precisamente o sábado 25 de xullo, Día de Galicia, coa prestrea do documental "Expediente Xosé Velo". O programa está organizado polo Concello de Xinzo coa colaboración de Acude Rural e Arraianos Producións.