lunes. 11.05.2026

Evento

AXENDA | Xinzo de Limia prepárase para vibrar co festival OU YEAH! 2025

6/9/25
0:00
Alameda do Toural, Xinzo de Limia
Festival OU YEAH! en Xinzo de Limia.
Festival OU YEAH! en Xinzo de Limia.

A Alameda do Toural de Xinzo de Limia acollerá o sábado 6 de setembro o festival OU YEAH! 2025, unha cita musical que traerá á comarca a bandas de referencia como La Guardia e Habitación Vudú, ademais da sesión de DJ Juanjo Pérez.

O evento inclúe tamén unha festa-homenaxe ás míticas discotecas Limón e Kirs, cunha posta en escena que combina música en directo e recordos das noites máis emblemáticas.

A programación contará ademais coa participación gastronómica de Cociña Ourense, convertendo a xornada nun punto de encontro cultural e festivo.

Festival OU YEAH! en Xinzo de Limia.
Festival OU YEAH! en Xinzo de Limia.