miércoles. 01.07.2026

Evento

IMOS DE FESTA | Ganade celebra as súas festas populares

4/7/26
13:00
Ganade, Xinzo de Limia
imos de festa_xinzo

A parroquia de Ganade, no concello de Xinzo de Limia, prepárase para vivir unha nova edición das súas festas os vindeiros 4 e 5 de xullo, cun programa que combina tradición, música e animación para todos os públicos.

sábado 4 arrancará coa alborada a cargo dos Gaiteiros Cidade de Antioquía e a misa solemne ás 13:00 horas. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Costa Dorada, que celebra o seu 35º aniversario, seguida da actuación da Discomóbil Eme Music con espectáculo de gogós.

domingo 5 comezará coa alborada dos Gaiteiros Vai de Vagar. Ás 13:00 horas celebrarase a procesión e a misa cantada pola Coral de Maceda. A sesión de tarde e noite correrá a cargo da orquestra La Fórmula, nunha xornada na que tamén haberá polbo para os asistentes.

Desde a organización animan á veciñanza e aos visitantes a participar nunha fin de semana de celebración, convivencia e boa música.