Que Xinzo é un pobo que se fixo e medrou o redor das feiras esta hoxe en dia demostrado e fora de toda dubida. Dende tempos ancestrais por estas terras celébranse Oenachs célticos para intercambio de distintos produtos, mais tarde no Foro Limicorum, epicentro de camiños na época Romana como lle chamou Xoan Carlos Rivas, seguíanse celebrando estes mercados con produtos que mesmo viñan a comprar e vender alén da Galaecia. A importante feira dos Cubiertos que se fixo en Xinzo durante séculos e as súas herdeiras as feiras mensúais viñeron a remarcar a importancia e o potencial económico da nosa bisbarra.
Pero si na época romana era un importante cruce de camiños, e unha comarca de importante produción cerealista, o que lle valeu nada menos que o apelativo de “Palla Aurea”, non e menos verdade que estas características seguímolas mantendo na actualidade: Somos una Vila e Bisbarra privilexiada situada a beira da A52, con excelentes comunicacións con Portugal, e somos unha das comarcas agrogandeiras mais importantes de Galicia. Patacas, cebolas, trigo, colza ou millo complementado con unha das cabanas gandeiras das mais importantes de Galicia, nalgúns casos moi por riba doutras rexións.
1964, 1965, 1966. LA FERIA COMARCAL DEL CAMPO
Por todo isto non e de estrañar que as feiras de Xinzo atoparanse entre as mais concorridas e afamadas de Galicia, e tampouco e nada sorprendente que a mediados do século pasado, no ano 1964 durante os días 18, 19 e 20 de Xullo, coincidindo coas festas patronais, o Concello de Xinzo presidido por Luis Romero, os Concellos da Limia, as por aquel entón Irmandades Sindicais de labregos e gandeiros do Partido Xudicial de Xinzo de Limia a proposta e coa colaboración imprescindible e o asesoramento do Xefe da Axencia de Extensión Agraria o lembrado Sr. Nazario Martinez Fuertes, organizarase a primeira Feira Comarcal del Campo en Xinzo de Limia.
Esta Feria tivo dúas edicións mais, nos anos 1965 e 1966 sendo todo un fito, a primeira de Ourense e unha das primeiras de Galicia. A parte da exposición de maquinaria e produtos fitosanitarios ou sementes, o gran atractivo eran os concursos de gando e os afamados Concursos de Arada. Esta feira deixouse de organizar, tal vez como afirma Miro Martínez por o traslado do Xefe da Axencia de Extensión Agraria o Sr. Nazario, e ante a falta dun impulsor optouse pola supresión.
Tiveron que pasar mais de 20 anos para que alguén se puxera a fronte do segundo intento por dotar a Limia dunha nova Feira de Mostras
Somos una Vila e Bisbarra privilexiada situada a beira da A52, con excelentes comunicacións con Portugal, e somos unha das comarcas agrogandeiras mais importantes de Galicia. Patacas, cebolas, trigo, colza ou millo complementado con unha das cabanas gandeiras das mais importantes de Galicia, nalgúns casos moi por riba doutras rexións.
1985, 86, 87 e 88 FEAGRI a FEIRA AGRICOLA E INDUSTRIAL
No ano 1985, ponse ao fronte da iniciativa Luis Veloso Rodríguez, que recolleu as inquedanzas do sector agrogandeiro, industrial e de subministros fitosanitarios da Limia e proponlle ao entón Alcalde Isaac Vila a organización da Primeira Feira Agrícola e Industrial coincidindo con as Festas de Santa Mariña.
A pesares do pouco tempo con que a organización contou para poñer todo en marcha a Exposición resultou todo un éxito organizativo, de publico, transaccións e de mesmo un complemento de actividades moi relevante para as Festas de Santa Mariña daquel ano.
Tivo continuidade tres anos mais, pasando a partir do terceiro ano a chamarse oficialmente FEAGRI, e supuxo un fito organizativo, de participación e de transaccións comerciais coa que so competía a nivel autonómico a Semana Verde de Galicia que comezara a celebrarse apenas sete anos antes. E que amosaba gran preocupación por a forza e puxanza de FEAGRI que en moitos casos lle facía sombra. No ano 1987 inclúese con grande éxito unha exposición e concurso de Gando e a apertura cara os mercados Portugués.
FEAGRI supuxo para Xinzo, a Limia e os sectores que nela participaban un dos alicerces do despegue, auxe e posicionamento no mapa galego e mesmo nacional do potencial do sector primario nesta comarca, amen de reportar a economía local, como logo farían todas as posteriores, uns beneficios extras derivados dos milleiros de visitantes e das moitas e atractivas actividades que se viñan desenvolvendo na feira. Tamén, se fortaleceron os vencellos con Portugal, e non so a nivel comercial, nomeadamente con Chaves e Montalegre, conseguíndose por as negociacións do Director da Feira que se arranxara e abrira o paso fronteirizo da Magdalena por Baltar ata entón practicamente inaccesible. Deixou de organizarse a partir do ano 1989, e tiveron que pasar outros sete anos para que unha nova feira tomara o relevo.
FEAGRI supuxo un fito organizativo, de participación e de transaccións comerciais coa que so competía a nivel autonómico a Semana Verde de Galicia que comezara a celebrarse apenas sete anos antes.
1996 a 2007 EXPOLIMIA. 11 EDICIÓNS ININTERROMPIDAS, A MÁIS CONSOLIDADA E DURADEIRA
As eleccións de 1995 volveron dar a Alcaldía a candidatura de Isaac Vila Rodríguez, que obtivo 8 dos 13 concelleiros. Pouco antes das eleccións municipais Isaac Vila convidárame a formar parte da súa lista no número 9 da mesma, polo que non acadei a acta de concelleiro ate meses mais tarde cando Manuel López Casas e nomeado Director Xeral, e ten que deixar o Concello.
Pouco despois de entrar a formar parte da Corporación Municipal, propúxenlle ao Alcalde organizar de novo una Feira de Mostras, insistindo na conveniencia de ter un escaparate que potenciara a economía do Concello e mesmo da Comarca, contribuiría a xerar valor engadido a pataca e os produtos endóxenos, tendo como referencia de éxito as experiencias anteriores da Feira Comarcal del Campo e Feagri.
O Goberno municipal encomendoume entón a organización da nova Feira nomeándome Concelleiro Delegado e Director da mesma. A EXPOLIMIA naceu e foi herdeira como dixen das experiencia anteriores das que eu tiña referencias directas, mesmo en Feagri tiña participado colaborando na organización xunto cun magnifico equipo humano. O nome de EXPOLIMIA naceu dunha aposta por centrar o foco da promoción e o obxectivo mediático na propia Comarca Limia, que era e sigue sendo a que representa o potencial que se pretende poñer en valor, sendo receptor dos esforzos e beneficios da súa actividade agrícola, gandeira, industrial, comercial ou mesmo turística.
Pero sempre foi prioritario poñer o énfase no produto estrela a Pataca da Limia, Pataca Galega de Denominación Especifica, e para tal fin dende o primeiro momento pensou un espazo especifico con diversas actividades, que ademais de exposición das variedades do tubérculo, se reforzase con xornadas técnicas e formativas, ‘work shops’ gastronómicos ou exposicións retrospectivas do cultivo no tocante a prácticas e maquinaria. A Feira tivo distintos momentos e diversos enfoques, pero ninguén dubida que por a súa duración no tempo e por a aceptación e repercusión que tiña tanto a nivel nacional como trasnfronteirizo, a EXPOLIMIA foi a Feira mais importante e a que mais repercusión tivo no desenvolvemento local e comarcal das que se teñen celebrado en Xinzo ao longo dos tempo.
O nome de EXPOLIMIA naceu dunha aposta por centrar o foco da promoción e o obxectivo mediático na propia Comarca Limia, que era e sigue sendo a que representa o potencial que se pretende poñer en valor.
Xa daquelas pediamos teimosamente un pavillón especifico para a feira. Tiven a honra de dirixir e coordinar a Feira durante os anos 1996, e 97 con Isaac Vila, no 1998 sendo Alcalde Ramón de la Fuente. No ano 1999 e 2000 con Gonzalo Iglesias Sueiro, e finalmente no 2001 con José Antonio Feijoo, ano en que se crea a Asociación Civitas Limicorun e a Festa do Esquecemento e fago un punto e aparte da miña actividade política tras estes tres primeiros anos anos de Concelleiro. Durante aqueles primeiros cinco anos consolidaríase aquel proxecto, no que participaban activamente todos os sectores produtivos, mesmo se inclúe na feira como organizadores, e participantes cun espazo propio a Asociación de Comerciante de Xinzo que dirixía por aquel entón Delmiro Castro.
Faise unha apertura da Feira e da comarca cara o norte de Portugal, non so con Chaves e Montalegre que participan de xeito continuado, creando con esta ultima vila trasmontana unha ruta de autobús que unía as nosas poboacións, pero tamén poñemos a ollada cara o Val do Limia, Arcos de Valdevez, Ponte da Barca e Ponte de Limia a través das asociacións empresariais das respectivas comarcas, chegando a participar nestas primeiras edicións mais de 25 expositores. A Feira continuou durante sete anos mais como EXPOLIMIA coa tónica inicial acadando grandes éxitos de participación, transaccións e conseguindo os obxectivos planificados inicialmente como eixo de desenvolvemento, promoción e xerador recursos para os sectores implicados e para o territorio.
O Intercambio cultural dentro do amplo programa de actividades culturais que se programaban nesta feira foi outro dos grandes atractivos e feitos relevantes.
Na promoción do tubérculo da Pataca abríronse novas vías de comercialización e mesmo as súas posibilidades de utilización culinaria, e en colaboración con Paradores e coa inefable contribución de Orestes Calvo Director do Parador de Monterrei elaboráronse por primeira vez pratos que ate entón eran impensable como por exemplo o riquísimo Flan de patacas, que mais tarde incorporaría o Inorde aos menús da Feira gastronómica Xantar na Expourense, e que por certo Xinzo segue sen incorporalos nos seus restaurantes a taperías.
Finalmente a feira foi xirando cara unha derivada multisectorial que en ocasión, excepto o apartado especifico da pataca, xa non era representativo dos sectores produtivos, primario, comerciais ou industriais da vila e comarca. Por isto, a partir do 2006 comezouse a planificar e repensar un novo formato para a EXPOLIMIA centrándoa especificamente na pataca e nos sectores que xiran ao redor da súa produción e comercialización.
A Feira continuou durante sete anos mais como EXPOLIMIA coa tónica inicial acadando grandes éxitos de participación, transaccións e conseguindo os obxectivos planificados inicialmente como eixo de desenvolvemento, promoción e xerador recursos para os sectores implicados e para o territorio.
2008, 09, 10 SALÓN MONOGRÁFICO DA PATACA
A partires do 2008 tomada a decisión entre o Concello de Xinzo, o comité organizador presidido por Isaac Vila, a IXP pataca de Galicia, o INORDE e o Instituto Agrogandeiro como asesores, coa contribución de distintos sectores participantes, optouse por organizar o I Salón Monográfico, que se celebrou durante tres anos, e mesmo foi rexistrado como Marca co nome de SALÓN MONOGRÁFICO DE LA PATATA DE GALICIA de Xinzo de Limia, co numero M2832530.
Como o seu propio nome indica, o Salón, era unha Exposición Monográfica sobre a pataca a carón da cal desenvolvíanse interesantes xornadas técnicas, e tamén catas e degustacións. Buscando na promoción gastronómica o atractivo turístico que representan os produtos de calidade da terra.
No segundo e terceiro ano, o evento amosaba certo desinterese e cansazo dos expositores e mesmo dos agricultores, e falábase xa de convertelo nunha feira bianual. A última edición do Salón celebrouse no ano 2010 sendo Alcalde Antonio Pérez Rodríguez, quedando no ar a opción da bianualidade que non chegou a materializarse.
2019, 22 e 2022 ALIMAGRO, O RENACEMENTO
No ano 2018 a Asociación de Produtores da Pataca da Limia presidida por Amador Díaz, obtivo o compromiso do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para colaborar na organización duna feira da pataca que permita resaltar a importancia deste sector na economía da comarca.
O primeiro certame celebrouse no ano 2019 os días 19 ao 24 de novembro e contou con dous atractivos espazos expositivos, un ao ar libre para maquinaria agrícola, e outro na praza do Concello para os 23 expositores participantes. ALIMAGRO foi un novo éxito organizativo, de participación e de volume de transaccións segundo organizadores e expositores, e tamén contou cun programa especifico de charlas e xornadas técnicas, que xunto coas gastronómicas e o programa cultural contribuíron unha vez mais de xeito moi positivo a potenciar o produto contribuíndo a posicionar a pataca Ixp Pataca de Galicia como se pretendía a través da promoción nun referente de calidade a nivel nacional.
Por fin, este primeiro fin de semana de setembro do 2022 inaugurase no Concello de Xinzo de Limia a terceira edición de ALIMAGRO, que esperamos e desexamos, que continúe contribuíndo aos obxectivos de promoción, rendibilidade e calidade da pataca da Limia poñendo en valor a produción con prácticas sustentables e con visión de futuro. Que ou será así ou non poderá ser.
Longa vida e éxito a ALIMAGRO!
OUTRAS FEIRAS. 2016 FEIRON SUSTENTABLE
Sendo Concelleiro de Comercio no 2016, propónseme organizar e poñer en marcha un novo formato feiral centrado na Alimentación Saudable, nos produtos endóxenos, a agricultura ecoloxista, e na artesanía auspiciado por a empresa Ekohuerta e Turismo Rural verde de Galicia.
Celebrouse aquela feira no primeiro fin de semana de agosto no parque do Toural ao redor da Fonte a nas rúas da vila, a pesar de resultar unha feira con moito publico e cunha nutrida participación de mais 50 expositores. Non tivo continuidade.
2018, 21 e 22 FEIRA DO COMERCIO de PROLIMIA
En maio do 2017, sendo Concelleiro de Comercio reunín aos comerciantes e empresarios para tentar organizar unha feira do Comercio, co trasfondo de poñer por riba da mesa a necesidade de promover unha nova Asociación de Comerciantes de Xinzo, distinta da inactiva Asociación de Comerciantes existente; tras varias reunións o 5 de outubro dese mesmo ano PROLIMIA celebra a súa primeira asemblea Xeral cunha morea de obxectivos e coa vista posta na campaña de Nadal.
Despois de varias exitosas campañas ao longo do ano 2018, finalmente o fin de semana do 11 de Agosto celebrase a I Feira do Comercio co nome de I Feira de Oportunidades do Comercio de Xinzo. Que resultou un grande éxito que convocou a medio centenar de expositores e colaboradores e na que se celebraron, no programa de actividades paralelas, sorteos, desfiles de moda, concursos caninos, exposicións, musica ao vivo, ‘work shops’ gastronómicos e degustacións ou exhibición de cócteis.
No 2019, co cambio de Goberno presidido por a Alcaldesa Elvira Lama, non chegou a celebrarse a II edición desta Feira. Que si o fixo no ano 2021, tras da forzosa pausa da pandemia COVID. E xa a recente este 2022 despois do cambio de directiva en Prolimia Xinzo presidida por Concepción Conde.
Finalmente o pasado fin de semana, celebrábase con un enorme éxito de participantes, publico, actividades, e ventas esta nova edición da Feira do Comercio cuxos indicadores, parecen consolidar definitivamente o evento como unha cita fixa e ineludible para o Comercio Local.
Carlos Gómez é parlamentario autonómico do PP e dirixe a xestora do partido en Xinzo de Limia. Publicou nas súas redes sociais a primeira versión deste artigo.